22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aumentan as protestas no hospital da Costa e centros de saúde para esixir a retirada da reforma da lei de saúde

11-10-17

11BBURELABurela a 11 de outubro de 2017. Este mércores o Órgano de máxima representación da Área Sanitaria da Mariña, A XUNTA DE PERSOAL, celebrou concentracións en tódolos centros sanitarios da Comarca para novamente ESIXIR a RETIRADA do anteproxecto de Lei que pretende borrarnos do mapa como Área Sanitaria e RECLAMAN a capacidade de xestionar dende a Comarca tanto os centros de saúde como o hospital Mariñán para deste xeito, ofrecer unha prestación sanitaria de proximidade.

A modificación da Lei de saúde o que prentende é legalizar a mobilidade de profesionais cara o Hula e centralizar no gran Hospital as intervencións cirurxicas e as probas diagnosticas.

Rechazan enerxicamente pertencer a Área Sanitaria de Lugo, xa que iso significa centralizar os recursos sanitarios na capital e incrementar os desprazamentos da cidadanía da Mariña cara LUGO.

A Mariña precisa ser un Área Propia con decisión propia tal e como o é a Comarca do Ferrol, sentenzan.

DESMANTELAMENTO E CENTRALIZACIÓN DA SANIDADE.

O órgano de representación das traballadoras e traballadores entende que o obxectivo do PP con esta reforma é avanzar nas políticas de desmantelamento da sanidade pública -dando cabida á iniciativa privada-, provocar unha perda do número de camas e servizos nos hospitais comarcais, dificultar a accesibilidade aos servizos sanitarios, paralizar a reforma da atención primaria, reducir o número de traballadores/as e precarizar as súas condicións laborais.

ÁREA SANITARIA PROPIA

A Xunta de Persoal incide ademais na necesidade de que A Mariña sexa un área sanitaria propia, sen depender de Lugo como ocorre na actualidade, que xestione os recursos humanos, materiais, de infraestruturas e coordine a atención especializada coa atención primaria.

Unha xerencia de área sanitaria próxima, con funcións de identificación de necesidades de saúde, planificación e xestión asistencial, de saúde pública e saúde laboral e socio-sanitaria. Isto posibilitaría un modelo integral “que favoreza o coñecemento dos problemas de saúde da súa zona e, ao mesmo tempo, a eficacia e a continuidade da atención, co lóxico beneficio para os usuarios e usuarias

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive