20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Carmen Edith Ángeles Chumacero será a concelleira que substituirá ao recentemente falecido Ramón Vázquez Andrade

12-10-17

Burela, 11 de outubro de 2017. A nº 8 da lista do PSOE ás pasadas municipais, Carmen Edith Angeles Chumacero, será a concelleira que substituirá ao recentemente falecido edil de Protección Civil, Ramón Vázquez Andrade.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “unha vez que ela aceptou formar parte da Corporación Municipal de Burela, agora inícianse os mecanismos para materializar o seu nomeamento e toma de posesión, que terá lugar nas vindeiras semanas nun pleno no Concello”.
Carmen Edith Angeles Chumacero, de orixe peruano, leva moitos anos vivindo en Burela: “ven a complementar a diversidade que podemos atopar no noso grupo municipal, algo que non é moi normal noutros lugares”, dixo o rexedor, quen lembrou que “a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Rubio, é de familia caboverdiana, aínda que ela naceu aquí”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive