11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comunicado da comisión xestora provincial de lugo do PSdeG

11-10-17

Lugo, 11 de outubro de 2017.- A Comisión Xestora Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, reunida o pasado luns día 9 de outubro, coa asistencia de Luís Ángel Lago (presidente), José Antonio Quiroga, Pilar García Porto, Mayra García, Marina Ramudo, Eduardo Vidal, Silvia Rodríguez e Rodrigo Pavón, analizou o borrador da convocatoria e calendario do proceso congresual para elixir a nova dirección provincial socialista.

Nesta reunión decidiuse por unanimidade dos asistentes propoñer este calendario de primarias e bases da convocatoria do Congreso Provincial, que se iniciarían unha vez rematados os procesos federal e nacional, e dentro dos prazos establecidos polas normas do partido.

A convocatoria do proceso congresual socialista na provincia de Lugo, atenderá en todo momento ao disposto nos estatutos e regulamentos vixentes no partido, que neste caso din textualmente: O Congreso Provincial reúnese con carácter ordinario entre o terceiro e cuarto ano dende a celebración do Congreso Ordinario anterior, sempre, despois da celebración dos Congresos Federal e Nacional, dentro do prazo dos noventa días seguintes á celebración deste último.

A convocatoria será no seu momento pola Comisión Xestora Provincial en cumprimento do mandato da Comisión Executiva Federal, do 15 de outubro de 2015, que textualmente di: “Una vez finalizado el proceso electoral, y concurriendo las apropiadas circunstancias, convocar el Congreso Provincial del PSOE de Lugo, que comenzará con la elección mediante el voto directo de los militantes de la persona titular de la Secretaría General de la Comisión Ejecutiva Provincial”.

Tamén incidir en que o calendario proposto para a celebración destes procesos de primarias e congreso provincial, se propoñen logo da demanda reiterada da maioría de representantes orgánicos e institucionais da provincia para que todo o proceso orgánico a nivel provincial remate neste ano 2017, coa elección dunha nova dirección executiva provincial e a renovación inmediata das executivas municipais.

Concluíndo, o Congreso e Primarias na provincia de Lugo se convocan no tempo e forma establecidos estatutariamente e se fundamenta no interese político dos socialistas da provincia de Lugo de que o día 1 de xaneiro de 2018 tódolos novos equipos de dirección municipal e provincial poidan estar operativos para o traballo político a desenvolver de cara as vindeiras eleccións municipais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive