22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Declaracións do Presidente socialista na Deputación de Lugo tras as primarias deste domingo

09-10-17

Lugo 9-10-17. O Presidente socialista na Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, trasladou este luns “a miña máis sincera noraboa a Gonzalo Caballero e aos milleiros de militantes do Partido Socialista, que participamos onte nun proceso de democracia único en Galicia, no que, libremente, eliximos ao noso Secretario Xeral”.

Campos Conde destacou que “vivín ademais este proceso ademais, como Presidente da Comisión de ética, polo que quero resaltar a transparencia, a alta participación e a liberdade de cada un de nós para a elección e votación do noso secretario”.

“Creo que o Partido Socialista demostrou que a transparencia estimula á tan necesaria participación cidadá na vida política. E sinto que no PSOE estamos de noraboa porque demostramos unha madurez e unha calidade democrática, que ningún outro partido foi capaz de amosar en Galicia”.

“Temos un novo Secretario Xeral que conta co respaldo, lexitimidade e forza dos militantes do PSdeG. En definitiva, dende onte mesmo todos os socialistas nos sumamos a este proxecto de esquerdas e humano do Partido Socialista en Galicia, indo da mán do noso secretario, Gonzalo Caballero”, apuntou

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive