11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Diana Durán: “Llano pasará á historia por ser o presidente da Mancomunidade menos útil, menos eficaz e máis mentiroso que tivo este ente”

04-10-17

BURELA, 4 de outubro de 2017.- A vogal da Mancomunidade da Mariña, Diana Durán, censura “o atrevemento sen límites” demostrado polo presidente da Mancomunidade da Mariña, sobre a información dada respecto do Pleno que o ente celebrou no día de onte. E é que en dita sesión, que a vogal califica de “chapuceira e trapalleira”, non se realizou ningunha votación relativa á reforma sanitaria, “como sae dicindo hoxe o presidente”.

Tal é así que, que non había mocións, nin propostas que votar; o que pon e relevo que todo o que afirma hoxe o responsable da Mancomunidade carece de validez e, o que é máis grave, “é unha auténtica mentira”.

Por este motivo, Diana Durán crítica con dureza o proceder o presidente, xa que, no asunto da reforma sanitaria, este dixo que sometía á votación un informe da presidencia, que en ningún momento fora posto a disposición dos integrantes da Mancomunidade. Ante tal “despropósito, que, por suposto, non podiamos permitir”, os representantes do Partido Popular solicitáronlle “de viva voz” que se lles facilitase dito documento, co fin de coñecer o contido da iniciativa que se ía votar. A dita petición, e para sorpresa dos populares, Llano resposta que non dispón de dito documento.

Diante este feito, que demostra claramente “o nulo rigor co que traballa o Sr. Llano alá onde ten responsabilides orgánicas”, os populares negáronse a votar este asunto. E é que, aclaran, cando se celebra unha sesión deste tipo, ao igual que acontece nos Concellos, calquera tema que é sometido a debate e posterior votación debe expresarse formalmente e non a través dunha pregunta que formula en alto o presidente, como aconteceu neste caso, “e que xorde froito da súa intención e vontade persoal e política de seguir confundindo aos mariñanos sobre a reforma da Lei de Saúde Pública”.

Ante “a gravidade” dos feitos, a vogal popular apunta que, “neste xogo sucio, o Sr. Llano non nos vai atopar. É máis, pasará á historia por ser un presidente que, en vez de buscar o interese común, que é a esencia da Mancomunidade, por ser o presidente menos útil, menos eficaz e máis mentiroso que tivo este ente”; sobre todo, destaca, porque “el mesmo sabe que, a intención da reforma sanitaria, é que os mariñanos reciban unha atención máis próxima ao seu domicilio, e que a futura normativa busca consolidar o modelo de xestión integrada xa existente e que precisamente permitiu acercar os profesionais aos doentes evitando viaxes desde A Mariña ata Lugo capital.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive