11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

E PODEMOS SERÁ POIDEMOS

07-10-17

otero_regalEu non sei si vostedes coñecen a historia de Ligia Elena. Cantábaa Rubén Blades e explicaba a historia dunha cándida pícara da alta sociedade, que se fora cun trompetista da veciñanza. Ligia Elena renuncia á mansión, á fortuna de papá e vive unha historia de amor con aquel músico que lle ofrece acordes de agarimo eterno. A canción non explica que pasou despois. Tras un ano de tórrido amor, nun cuarto chiquito, aquilo naufraga e o trompeta deixou de bicar as costas arqueadas da bela Elena. Ela volve a casa. E papá e mamá respiran aliviados.

O que non sabe mamá mentres acicala a súa longa melena loura é que xa nada será como antes. Ela non se casará xamais con Porfirio. Deixará de ir ás tardes de costura e non acudirá aos concertos benéficos. Non a veremos pasear en calesa e cambiará a o pouco os seus longos vestidos por roupas máis liviás. O que nunca sospeitaron papá e mamá cando recibiron a Elena no porche da mansión é que o trompetista cambiara para sempre á súa filla. E xa nada sería igual. Ese é o destino dos músicos ambulantes.

Podemos é o trompetista da política española. E é posible que nun domingo de outono, acabemos no cuarto chiquito e humilde dos de Igresiass. E aínda que ao principio as caricias sexan doces e os bicos sinceiros, axiña chegarán as primeiras discusións e romperanse os primeiros pratos. Podemos naceu dun movemento contra, dunha explosión cidadá de rabia e hastío. É unha constelación de protestas, que fan bos diagnósticos, pero non expenden receitas como se esta vendo co tema catala donde cada dia están co margarida n aman si, non si , on. E a súa orixe de protesta na rúa non é compatible co despacho oval. Por iso, multiplicaranse os Monederos e un día serán máis fora que dentro. E Podemos será Puidemos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive