11 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Hipócrita Teatro estará o 28 de outubro en Burela representando “Hotel Desencanto”

12-10-17

hotel desencanto de Hipócrita Teatro (3)Burela, 12 de outubro de 2017. A Concelleira de Cultura programa para o día 28 deste mes unha representación teatral que correrá a cargo de Hipócrita Teatro, que poñerá en escena a obra Hotel Desencanto. Será na Casa da Cultura ás 20 horas.
Trátase dunha peza de teatro contemporáneo, dirixida por Carlos Rebolo, que mestura drama, comedia e suspense. A obra está estruturada en cinco escenas. A primeira serve de introdución e presentación dos personaxes, e sitúa ao espectador no contexto onde se vai desenvolver a acción. Oito hóspedes van chegando a un hotel no que os recibe un recepcionista que lles entrega as chaves das súas respectivas habitacións. As catro escenas seguintes ben puideran desenvolverse de xeito simultáneo aínda que ao espectador se lle presentan de forma secuenciada. Cada escena mostra o que acontece en cada unha das habitacións, e cada unha delas é unha historia de principio a fin.
A compañía amador Hipócrita Teatro naceu en Lugo no ano 2004 e dende a súa creación levou a escena espectáculos teatrais de diferentes xéneros, a maioría de creación propia. Entre eles cabe salientar Miserere, un drama sobre a violencia de xénero, ou Menestra de testosterona, unha comedia para adultos que recibiu varios premios a nivel autonómico. Así mesmo ten representado Unha historia con pau, comedia dirixida ao público familiar, e Emperador, que pensas? Fala!, comedia de enredo ambientada no Lugo romano. Tamén ten participado en numerosos espectáculos de rúa, performances, contacontos e radio teatro, algúns deles en colaboración con outras entidades culturais ou sociais.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive