22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Moción de FPF para adecentamento con aglomerado da pista que une a carretera da praia dos Xuncos coa estrada xeral

09-10-17

FOTO FONTE DA CRUZ 2Foz 10-10-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días tivemos a ocasión de visitar a parroquia de Cangas, e falar cos veciños e veciñas, transmitíndonos distintas necesidades das que carece esta parroquia. Concretamente un grupo de veciños nos transmitía a necesidade de adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola praia dos Xuncos coa estrada Xeral, pasando ó son da ITV. Esta é unha pista que nos últimos anos veu mellorado o seu firme, e é moi usada polos pais que levan os seus nenos ó Colexio Fondo-Nois. Pero os veciños ante os cambios que se levaron a cabo no cruce Ribela-Gralleira, ven necesario adecentala definitivamente . Así tamén ven posible que o transporte escolar poida mellorar o servizo co adecentamento definitivo desta pista.

Por todo o exposto o Grupo Municipal de ”Foz, Plataforma de Futuro” propón ao Pleno da Corporación de Foz a adopción do seguinte ACORDO:
- Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz para que proceda a adecentar con aglomerado a pista que une a estrada que discorre pola Praia dos Xuncos coa estrada Xeral.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive