22 de Outubro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación mellora con 350.000 euros a estrada que une A Pontenova coa Fonsagrada e Ribeira de Piquín

11-10-17

image1Lugo, 11 de setembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou este mércores as obras de mellora que o Executivo Provincial está a realizar na estrada de estrada LU-P-4802, de Xinzo por Navalla a Ponte Soutelo, na Pontenova, e que contan cunha achega de 350.000 euros. Son traballos que se executan entre os puntos quilométricos 0,000 e 4,630 e que rematarán, previsiblemente, esta mesma semana. Estas actuacións beneficiarán directamente a preto de 3.000 veciños, pois dita estrada é unha vía de comunicación fundamental para a zona ao conectar A Pontenova coas parroquias de de Bogo, Vilaboa e Vilarmide, así como cos municipios da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

Campos Conde reclamou a Xunta de Galicia un “compromiso real cos veciños da Pontenova” e solicitoulle que mellore os 5 quilómetros desta mesma estrada que son da súa titularidade. O Presidente explicou que hai varios treitos desta vía totalmente renovados grazas ao investimento feito polo Executivo Provincial, e anunciou que hai programados novos traballos de acondicionamento para o tramo que resta. Deste xeito, o Goberno Provincial cumpre cos compromisos adquiridos cos veciños, mellorando as vías que son da súa titularidade, dentro da aposta por unha Deputación rural.

O tamén Alcalde da Pontenova apuntou na necesidade de rehabilitar esta vía, que presenta graves deterioros no firme, feito que durante os últimos anos empeorou, provocando un grande risco para todos os seus usuarios. Campos Conde subliñou que, ademais, na zona atópanse varias empresas con moita actividade diaria o que prexudica, polo tanto, a economía do Concello.

As actuacións consisten na substitución da traída municipal que discorría polo centro da vía e que, debido ás filtracións, producía un grande deterioro no firme. Deste xeito, moveuse dita traída cara unha das beiras da estrada, co que se pon fin a estes problemas. Ademais, mellorouse o firme con aglomerado en quente, ao mesmo tempo que se levou a cabo a limpeza de cunetas e ampliación das cunetas, e incrementouse a seguridade da mesma, coa instalación de máis sinalización horizontal e vertical.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive