20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta destina 84.100 euros a mellorar as dotacións do Polígono Industrial de Xove

13-11-17

131117XovepolígonoXove (Lugo), 13 de novembro de 2017.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria promoveu melloras nas infraestruturas e dotacións do polígono industrial de Xove cun investimento de 84.117 euros para o desenvolvemento de catro proxectos promovidos polo concello.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou o polígono e comprobou as melloras realizadas, que atinxen á mellora da xestión de residuos, da eficiencia enerxética do alumeado público, da sinalización e da seguridade, coa instalación dun sistema de videovixiancia.

Balseiro destacou que a Xunta quere ofrecer aos emprendedores e empresarios do municipio “solo industrial competitivo, con modernos servizos e dotacións que favorezan a actividade económica”.

Na mesma liña, destacou que a Consellería pretende “unha actualización permanente das infraestruturas dos parques, para corrixir determinadas carencias ou responder a novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación de servizos comúns que lles permitan seguir sendo competitivos”.

Actuacións
No caso de Xove, as achegas principais foron destinadas ao sistema de xestión de residuos, coa instalación dos cubrecontedores de formigón prefabricados encaixados no pavimento e de contedores novos en illas con separación de residuos en tres fraccións diferentes, amarelo (plásticos), verde (orgánico ou mestura) e azul (papel).

A actuación sobre as luminarias do polígono reportará un gran aforro, ao substituír as existentes por outras máis eficientes enerxética e lumínicamente, de tecnoloxía LED, que proporcionan un moi bo aproveitamento da luz.

Ademais das luminarias, instalouse un sistema de redución de fluxo lumínico nas altas horas da madrugada, cando a intensidade de uso das vías do polígono é baixa ou practicamente nula, e un reloxo astronómico para controlar o acendido do alumeado en función da hora do día, da época do ano e das coordenadas xeográficas da instalación. Estímase que estas medidas reportarán un aforro de iluminación de 428 horas ao ano, e unha redución do consumo do 90,88%.

Igualmente, introducíronse melloras na seguridade viaria mediante o repintado de aliñación viarias, centrais e de beiravía no vial do polígono máis a entrada dende a estrada LU-862, que suma en total de 1.000 metros lineais. Por último, instalouse un sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade das empresas alí instaladas e dos usuarios.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive