20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

As laranxas defenden o coliderado con 8-1 ante Soto

12-11-17

beamateos-soto17Burela 11-11-17. O Pescados Rubén Burela FS sumou esta tarde o quinto triunfo consecutivo, ante Soto do Real (8-1), nunha tarde na que o brillo goleador das mariñás estalou no segundo período, tras chegar ao descanso con 1-1. Esta vitoria permítelles ás laranxas defender o coliderado xunto a Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén quedou cos tres puntos da xornada 9 na pista do UCAM ElPozo Murcia (3-4).

Malia atopar axiña a rede sotorrealeña, con diana de Lara nunha recuperación de Dany, xa no minuto 3, ás galegas resistíuselles a finalización durante o primeiro acto. Ás pupilas de Julio Delgado e Lucas faltoulles paciencia e iso fixo mella nos últimos metros ante un rival que deu a cara a base de defensa e co contragolpe como recurso desequilibrante, con escaso perigo. A falta de pouco máis de tres minutos para o descanso, o Soto conseguiu o empate nunha vaselina de Stone tras pase longo de Helen desde a portería. Bea Mateos enfundouse na camiseta morada para atacar de cinco; Julia Forsiuk tivo o segundo nos seguintes compases con bo bloqueo da meta. Non conseguiron atopar o tan merecido gol as burelistas antes do descanso; ata tiveron o susto, a falta de 57 segundos, dun balón despexado na pista das de Eva López que case roza o pau local.

Saíron cunha marcha máis as de Julio Delgado e Lucas no reinicio para romper o encontro. Aínda non se cumpriran os tres minutos de xogo e o 4-1 xa lucía orgulloso en Vista Alegre, con marca de Lara, asistida por Bea Mateos; Dany, en pase de Cilene, tras unha brillante xogada colectiva; e para rematar cos papeis invrstidos no tándem brasileiro, coa 6 laranxa, servida pola 3 nunha formidable contención do esférico. Bea Mateos ampliou a fenda co 5-1, no 27, en estratexia tras a falta de Jaione. Superado o ecuador da segunda parte, o Burela FS volveu vivir un minuto de ouro, o 32, con tres novas dianas. Cilene subiu o 6-1 finalizando un contragolpe; Dany subiu o sétimo a porta baleira na primeira tentativa do Soto con xogo de cinco, en recuperación tras saque de centro; e a Xoia Laranxa, Sofía, culminou a xesta fronte a Helen co oitavo.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Cilene, Lara, Bea Mateos, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Dany, Sara Correia, Sofía, Jozi

VP Soto do Real: Helen, Murchi, Coral, Stone, Gabs, cinco inicial; tamén xogaron Chili, Jaio, Sandra

Goles: 1-0, minuto 3, Lara; 1-1, minuto 16, Stone; 2-1, minuto 22, Lara; 3-1, minuto 23, Dany; 4-1, minuto 23, Cilene; 5-1, minuto 27, Bea Mateos; 6-1, minuto 32, Cilene; 7-1, minuto 32, Dany; 8-1, minuto 32, Sofía

Árbitros: Hevia Campa // Santoveña Fernández (Asturias). Por Soto amarela a Jaio (minuto 27)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 9 de Primeira RFEF disputado en Vista Alegre ante máis de 500 persoas

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive