15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CON PÓLVORA E MAGNOLIAS: OS JORDIS

30-11-17

pablo-alvarez-ramosA Audiencia Nacional sostén que “os Jordis” persistiron nunha “contumaz actitude de rebeldía que non era tolerable.”
Tan certa é a afirmación como que son responsables directos da ruptura de legalidade constitucional en España. Vivimos nun estado de dereito.
O estado de dereito ten por fundamento primixenio a principio de legalidade e o sometemento de tódolos cidadáns e poderes públicos ó mesmo.
Deixando de lado a filosofía e o dereito, os Jordis marcan o almanaque na cárcere madrileña de Soto del Real, afastados da súa terra llliure e compartindo instalacións con insignes compañeiros: Ignacio González, Pujol Ferrusola, Sandro Rosell ou Díaz Ferrán.
Din os xornais que os modais afrancesados e fala pausada de J. Sánchez non encaixaron demasiado ben no centro e que tiveron que cambiarlle ó compañeiro en catro ocasións. Tamén contan que outro preso se dirixiu a el e que, cal profecía autocumplida, lle espetou un sonoro: Viva España!
Incluso contaba algún medio que fora outro preso o que pedirá o cambio de celda canso do discurso independentista de Sánchez. Que tío máis “plasta”!
Con tanta cotidianeidade un pode concluir que o paso polo talego dos Jordis é como un tebeo de Super Humor e eles coma dúas personaxes novas de Ibáñez. Un dúo cómico como Mortadelo e Filemón.
Chegados a este punto toca voltar a todo ese rollo da legalidade. Entón non deberamos esquecer que os nosos amigos aínda non foron xulgados, que están cumprindo unha medida de prisión provisional que só pode acordarse en causas taxadas tales como o risco de fuga ou a ocultación de probas.
Que dita medida foi rexeitada, en virtude da legalidade vixente e do criterio máis favorable ó procesado, no caso do Duque de Palma, Iñaqui Urdangarín. A meirande parte dos xuristas consideramos que o cumprimento da pena debe posporse ata a firmeza da resolución xudicial, e que as medidas provisionais (como indica o seu nome e natureza) deben ter un carácter excepcional.
Que os Jordis foron procesados pola Audiencia Nacional, un órgano xudicial nacional que ten competencia específica en materias delicitivas de especial gravidade e relevancia social como puideran ser, entre outros, o terrorismo, a delincuencia social ou o crime organizado.
É por esa mesma razón pola que os nosos persoeiros se atopan nun centro penitenciario en Madrid e non na súa benquerida Catalunya.
Se o principio de legalidade é, sen dúbida, a base do estado de dereito a lexitimidade –que radica na vontade soberana da xente- é a base da democracia. Non pode haber estado de dereito sen cumprimento da lei, nin democracia sen escoitar a vontade popular.
A interpretación da lei debe ser levaba a cabo polos xuíces e tribunais e o agravio comparativo entre os Jordis e outros presos non é, por desgracia, unha caricatura.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive