20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Do 15 de novembro ao 15 de decembro pódense degustar os menús artesáns en nove restaurantes da zona. Trátase dunha iniciativa da Mancomunidade de municipios da Mariña para promocionar a gastronomía e a artesanía

14-11-17

MenusArtesans2017A Mariña, 14 de novembro de 2017. Do 15 de novembro ao 15 de decembro poden degustarse os Menús Artesáns en nove restaurantes da comarca por iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña. Unha cita coa gastronomía e a artesanía, que se está a consolidar pouco a pouco.
Os Menús Artesáns son un proxecto turístico que ten como obxectivo principal “presentar unha Mariña feita de oficios artesáns e de gastronomía, unha mostra da tradición e da cultura que dan lugar á nosa forma de vida, para que se experimente de forma distinta e para gozala cos todos os sentidos”.
Ata 15 de decembro dez artesáns poñen os seus traballos enriba da mesa e nove restaurantes serven eses menús nesas pezas únicas en cada local. Con esta medida o que se pretende é contribuír á desestacionalización do turismo en tempada baixa á vez que se favorece o coñecemento da cultura local da Mariña Lucense a través dos seus oficios tradicionais e da súa gastronomía.
Os dez artesáns que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña son Otero Regal (ceramista de Viveiro), Miriam (ceramista de Viveiro), Francisco Fra (carpinteiro de ribeira de San Cibrao), Estéfano Gudín (ceramista de Cervo), as Redeiras de Burela, Lucía Catuxo (ceramista de Trabada), José Rodil (navalleiro de A Pontenova), Regina (restauradora de Mondoñedo), Miguel Ángel (carpinteiro de Mondoñedo) e Pilar Maravalla (artista de Ribadeo).
E nove restaurantes da comarca (A Farola, de Foz; Casa Franco, de Alfoz; Casa Miranda, de Burela; La Solana, de Ribadeo; La Villa, de Ribadeo; Montero, de Mondoñedo; O Asador, de Viveiro; Parador de Turismo, de Ribadeo; y Río de Oro, de Cervo) serven as súas propostas gastronómicas nestas creacións ata o 15 de decembro.
Esta iniciativa conta cunha páxina web na dirección www.menusartesans.com na que se pode obter información sobre os menús que se poden degustar nos nove restaurantes e sobre os dez artesáns que participan nesta iniciativa da Mancomunidade de Municipios da Mariña.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive