20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Do noso arquivo. MULTAS E SOCIEDADE

10-11-17

suso-fernadezToda testemuña retrospectiva, referida a facetas da vida comunitaria, proporciona unha serie de dados que nos ilustran sobre a realidade social da época, que queda reflectida nas actitudes cidadáns; nos medios utilizados, ou no sentido e desempeño da autoridade, permitindo formarse idea do nivel social,económico e cultural de entón. Así , por exempro, se ollamos os expedientes de algo tan vulgar como poden ser as multas da autoridade municipal dos anos 50 do pasado século. Vexan:
O día 22-4-58, José Alvarez, Pepe de Benjamín, era multado con 25 pesetas,” por estacionar el carro cargado de estiércol en La Plazuela (hoxe praza Salgado Toimil) ,no haciendo caso de retirarlo a requirimiento del agente de la autoridad”. Recoñeceo interfecto a veracidade dos feitos, alegando que “tan pronto como fue requerido avisó inmediatamente al dueño de la yunta de vacas para que procediese a retirarlas”.
Os comerciantes Teodoro Moreda e Manuel García, O Bolico, naquelas datas eran denunciados por “ ocupar la vía pública con sendos bocois de vino, con lo que interrumpen el paso en las calles José Antonio (actual Paco Maañón) y Jesús Nazareno, que tienen sus negocios”. Tras comparecer ante o alcalde, o primeiro foi absolto e o segundo penalizado con 25 pesetas ( 0,15 euro.)
Entón, coma hoxe, a rúa José Antonio era dirección prohibida hacia a igrexa, pero apenas se respectaba a sinal e producíanse numerosas denuncias, entre as que figuraba un taxista reincidente; tal infracción penalizábase con 10 pesetas (0,06 de euro).
O 12-3-57 Manuel Rodriguez, a quen todos coñecíamos por Manolé, era denunciado “por circular en su moto a excesiva velocidad por la calle Generalísimo (actual A Mariña), en momento de gran afluencia de público y haciendo zigs-zags”. O interesado declarou que “considera no iba a velocidad excesiva porque su “Lambretta” no sube a más de 30 Km/hora y los zigs-zags los hacía precisamente, para no atropellar a los peatones”. Tivo que pagar 50 pesetas.(0,30 de euro).
O comportamento dalgúns espectadores na sala do cine non sempre era o correcto; daí que ademais dos “acomodadores” que coidaban da orde, o concello nomease un axente da autoridade de servicio que garantise o normal desarrollo da función.
Cando a desorde, moi frecuente, adquiría niveis de escándalo, os axitadores eran expulsados e denunciados. Mais grave foi cando un dos participantes na trifulca foi acusado de”hacer aguas menores por los que le rodeaban”; ou sexa, mexou por eles…
Infracción frecuente era a orixinada polos animais – vacas, burros, ovellas, cabras…-que apacentaban en espacios públicos e parques e xardíns que comezaban a agromar. Case sempre eran multados con 25 pesetas.(0,15 de euro).
Os gardas municipais vixiaban o pagamento do imposto de circulación das bicicletas, que debían exhibir a chapa acreditativa do pago. O día 28-5-57 foron denunciados 23 ciclistas por carecer das mesmas.
O 25.3.58 cursouse denuncia pola rotura do faro dunha bicicleta, esixindo o dono o pago correspondente.Catro rapaces foron implicados na mesma.Como recoñeceron , colleran bicicletas de alumnos do Colexio do Sagrado Corazón (actual Martinez Otero) “con ánimo de dar una vuelta a fin de practicar el aprendizaje”.
Varias mulleres aparecen acusadas de lavar roupa de uso doméstico en fontes nas que estaba prohibido, como as de Sieiro ou Porto. Foron multadas con 25 pesetas cada unha e a promesa de non volver a facelo. E así poderíamos seguir enumerando mil facetas mais que levan ó coñecemento de aspectos da realidade de tempos pasados, e apreciar, parcialmente, a evolución da sociedade…

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive