20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Gaia imparte estes días charlas aos alumnos de 4º de eso do IES Perdouro sobre temas como a xestión eficiente dos residuos, o cambio climático, a xestión sostible da auga e o consumo enerxético

13-11-17

131117 Foto charlas GaiaBurela, 13 de novembro de 2017. Hoxe empezaron unha serie de charlas de carácter medioambiental que as monitoras de Gaia Concello de Burela van impartir aos alumnos de 4º da ESO do IES Perdouro.
Esta mañá tivo lugar a primeira delas, baixo o título de Xestión Eficiente dos Residuos, “coa que se pretende concienciar aos rapaces do importante papel que os residuos poden desempeñar nun marco de economía circular dada a súa capacidade para converterse en recursos. Ademais intentamos resolver todas as dúbidas que os rapaces teñen sobre a clasificación dos residuos e o contedor onde debemos depositalos”.
En vindeiros días terán lugar outras charlas sobre temas como o cambio climático, a xestión sostible da auga e o consumo enerxético.
Noelia María Ben, concelleira de Medio Ambiente, sinala “a importancia da educación ambiental, labor que neste concello as monitoras de Gaia levan desenvolvendo dende hai moitos anos. Cada vez facemos máis charlas, talleres, cursos e campañas para acadar que os nosos cidadáns sexan no seu día a día respectuosos co medio ambiente, aportando así noso gran de area a prol dun desenvolvemento sostible”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive