20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

NON EXISTEN DÚAS PERSOAS IGUAIS

11-11-17

otero_regal1Gústanos pensar que cada persoa é única e irrepetible. Na realidade, o mundo sempre se pode dividir en dous partes. A cuestión só é saber en que lado atópase un. Hai dúas clases de persoas…Os que presumen de ver “EL GRAN HERMANO” e os que presumen de non ver “EL GRAN HERMANO”.
Os que ante unha imaxe morbosa na TV din “Non podo velo, non podo velo” e os que din “Mira, mira, mira” con cara un tanto babosa. Mais diferencia de xentiña a o noso alrededor: Os que usan os guantes de plástico cando poñen gasolina e os que se rin dos que usan os guantes de plástico cando poñen gasolina.
E falando de algo que ten que ver co meu: Os que en museo de arte moderna poñen cara de entender algo e os que nun museo de arte moderna poñen cara de non entender nada. Ou estes outros: Os que non ven as películas dos libros que leron porque “sempre son peores” e os que non len os libros das películas que viron “porque xa coñezo a trama”.
Tamen abundan os que explican un chiste que fai graza e os que explican o mesmo chiste e non fai graza. E os que deixan propina e os que berran airadamente “Pois ao min ninguén me dá propina por facer o meu traballo”.
Os que xamais han ir a ver a Burela unha representación deOpera e os que xamais volverán ver unha representación de Opera en Burela.
Pero a diferencia mais notable e a conclusión de que non existen duas persoasa iguaes e a de os que non saben cando acabará a crise e os que non saben cando empezou a crise.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive