20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo acondiciona a antiga nave de funcición de Sargadelos como complemento ao futuro centro de artesanía

13-11-17

131117 acondicionamento nave de fundiciónCervo, 13 de novembro de 2017.- O Concello de Cervo está a acondicionar o edificio da antiga nave de fundición de Sargadelos, na actualidade empregada como almacén municipal.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, estiveron supervisando as obras que contan cun orzamento de 120.000 euros, dos cales 70.000 proveñen dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, e os restantes corresponden a fondos municipais.
Tal e como explicou o rexedor “esta nova actuación é un complemento ao futuro Centro de Artesanía que imos crear no antigo edificio das Cabalerizas, que acondicionamos en meses pasados e do que precisamente vimos de aprobar o prego de licitación para a concesión dos 6 locais habilitados para uso artesanal”.
Villares engadiu que coa adecuación desta instalación como espazo de emprendemento comercial “seguimos a traballar para revitalizar o Conxunto Histórico Artístico, o noso Patrimonio de Sargadelos”.
Trátase dunha construcción de finais do século XVIII dunha soa planta, cunha superficie de 356 m2, que, tal e como destacou o alcalde “quixemos poñer en valor como edificio representativo que é de Sargadelos; ao que lle vemos un gran potencial para albergar actividades de diversa índole, ben promovidas polos propios artesáns; ou ben por distintos colectivos do noso Concello, co obxectivo último de dinamizar todo o Conxunto Histórico, e contribuír a desestacionalizar tamén o turismo no municipio, e na zona de Sargadelos”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive