20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSdeG-PSOE de Foz celebra este venres unha reunión aberta a todos os veciños e veciñas do pobo para tratar temas de actualidade municipal

10-11-17

CARTAZFoz 9-11-2017.- O Partido Socialista de Foz invita a tódolos veciños e veciñas do pobo á reunión informativa que vai celebrar este venres día 10, ás 20’30h na Sede do PSOE.
Os socialistas creemos que é necesario que os nosos veciños estean ben informados de temas importantes na actualidade municipal, coma por exemplo, a peonalización da Avenida da Mariña o tráfico en Álvaro Cunqueiro e próxima reforma desta rúa, os aparcadoiros, a nova residencia de maiores, o inventario de camiños, o IBI ou calquera outro sobre o que os asistentes teñan interese.
Con esta reunión preténdese, por un lado, valorar a acción do goberno, facilitar información e explicar as iniciativas que esta levando a cabo o noso grupo municipal e por outro, escoitar e recoller o punto de vista dos veciños e veciñas nas distintas cuestións que se aborden e intentar resolver calquera dubida que poidan ter sobre as mesmas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive