15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

REDES E NASAS

30-11-17

jc-pineiro-docampoPreto de 4.500 embarcacións, que son 4.500 máquinas produtoras, sitúan a Galicia como a oitava rexión en potencia pesqueira, por diante de moitos países, da Unión. Este dato é sen os buques de capital galego e bandeira noutros Estados, que son uns cantos. Unha potencia enorme en xerar riqueza e movemento económico se temos en conta o que xira ó redor de tal actividade: portos, ventas, provedores, transportes, mantementos … non existe actividade en Galicia que sexa tan propia e o mesmo tempo estea tan esquecida. A pesca e o seu impacto supón un valor engadido de máis de 1.100 millóns de Euros por ano, case un 2,5 do PIB de Galicia.
É un feito galeguista e de identidade, que está de todo esquecido e defumado polos gobernantes do noso País. Coñezo moi ben o sector, son fillo de mariño, e sei o porque das chaves de esta acción política estrana. No debate político rara vez está a pesca na magnitude da súa influenza en Galicia como por exemplo están o monte, os gandeiros e incluso a moda. A primeira realidade é a falla de organización dos traballadores e o sistema medieval de reparto de ganancias que fai de este sector o claro paradigma da relación empresario con empregado de forma directa e pactada, coa problemática que para o traballador xera, e o segundo é a propia natureza hermética do sector que se basea moito na relación persoal e na palabra dada, o PP sabeo moi ben e leva moito tempo traballando iso con auténticos políticos ó fronte de organismos como Confrarías, Asociacións de Armadores e mesmo chiringuitos de xestión de fondos UE. Isto ten que mudar e precisa de unha forza realista que arranxe estas formas arcaicas. Só así o sector poderá ter capacidade de crecemento e de proxección, aínda pode. E rocoñecemento social.
Están chegando anuncios preocupantes: Irlanda ofrece as descargas de altura e grande altura con beneficios, o Brexit ameaza bos caladoiros e China fai un macro porto en Africa en Bisáu mentres a frota galega perde ese importante mar. Son indicios de que algo vai cambiar, son indicios de que temos que dar a importancia que merece ó sector, nun tempo novo de posta en valor dunha realidade, moi de Galicia.
É tempo xa que logo, dun novo Compromiso coa pesca, para unha potencia do sector como Galicia, é un fito de supervivencia. Ollo ós avisos, e menos control político interesado e nada produtivo.

Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive