20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Semana das Artes plásticas da Mariña

13-11-17

A Mariña 13-11-17. A Asociación cultural Tá en artes, que organiza a Semana das Artes plásticas da Mariña, convida o 15 de
Novembro de 2018 ás 20 horas na casa de Administración de Sargadelos ós medios de comunicación,
artistas, Asociacións culturais, a asistires a mesma.
Esta nova programación inicia o camiño de homenaxear ós/as artistas da Mariña para achegarnos ó seu labor e recoñecelos na nosa contorna. A programación nace co espírito de ser desenvolvida cada tres anos , sendo cada ano un artista diferente o homenaxeado. Ó redor desta idea poñemos en marcha a relación de Arte e Educación para que os nosos rapaces e rapazas coñezan de primeira man a labor dos seus creadores e traballen ó redor do seu coñecemento, e recoñecer na comarca da Mariña por Concellos o seu Patrimonio cultural.
O guión programático deste ano será:
- HOMENAXE Ó ARTISTA JUAN PUCHADES QUILES. Escultura e Patrimonio. Arte e Educación
Exposición en Mondoñedo de antigos/as alumnos do artista a partires do 23 de Marzo do 2018, na antiga Casa Cuartel de Mondoñedo. Organiza : Concello de Mondoñedo e Ies San Rosendo, Deputación , Tá en artes.
Semana das Artes da Mariña: Escaparate da Arte da Mariña, para todos/as os/as artistas da Mariña que queiran participar a partires do 28 de Marzo no CENIMA de Foz. Organiza Tá en Artes, Deputación, Mancomunidade da Mariña, Concello de Foz.
Exposición Antolóxica no Museo Provincial de Lugo nos meses de Novembro e Decembro para pechar a temporada Artística. Organiza Museo Provincial da Deputación de Lugo. Tá en Artes.

-ACTIVIDADES.
Inicio das viaxes organizadas das/os nosas/sos escolares para visitar a Exposición de Mondoñedo e coñecer o Patrimonio cultural do Concello. Colaboran Deputación e Concello de Mondoñedo, Tá en artes. A idea é que os nosos/as escolares visiten e coñezan ós artistas e o patrimonio que cada Concello ofreza na visita.
Visitas guiadas ó CENIMA de Foz para observar e educar en arte cas últimas obras ou proxectos que están a realizar os/as artistas da Mariña. O obxectivo, un encontro de primeira man ca obra que incluso pode estar en proxecto, é dicir, inconclusa. Organiza: Tá en Artes. Reparto de catálogos das exposición correspondentes, e un video sobre a figura de Juan Puchades Quiles. Viaxes dos Centros escolares a Mondoñedo: Organiza: Deputación e Concello de Mondoñedo. Tá en Artes. Viaxe a Exposición da semana das Artes da Mariña. Organiza: Deputación, Mancomunidade da Mariña.Tá en artes

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive