20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

UUAA chama na comarca da Mariña a mobilización contra o abandono do rural

10-11-17

Viveiro, 10 de novembro de 2017.- O sindicato Unións Agrarias desenvolverá ao longo da semana que ven un calendario de asembleas cos produtores da Mariña Lucense para informar sobre a mobilización contra da marxinación e o abandono co que a Xunta de Galicia castiga ao medio rural. A manifestación que partirá o próximo 18 de novembro as 11.30 da Alameda de Santiago de Compostela, será presentada o vindeiro 13 de novembro na Casa da Cultura de Ferreira (O Valadouro) ás 20:30 horas e o día seguinte no Salón de Actos do Edificio Sindical de Viveiro tamén as 20:30 horas.
Desde a Consellería de Medio Rural continúase cunha campaña de anuncios de axudas económicas a produtores afectados polas calamidades climatolóxicas ou polas vagas de incendios, que a hora da verdade resultan incobrables na súa grande medida, polo articulado que fixa a propia norma.
O último exemplo é o referido a comunicación realizada o pasado 4 de novembro pola conselleira Ángeles Vázquez, na que se anunciaba que se poñía a disposición de gandeiros e agricultores un millón de euros para garantir o aprovisionamento de auga as explotacións. Uns fondos que so se podían destinar a rehabilitar pozos existente e que estiveran rexistrados, quedando fora da liña de apoio as novas captacións de auga.
Despois das queixas dos produtores polo absurdo de non acoller na norma novos pozos, cando os existentes están secos, hoxe mesmo o Diario Oficial de Galicia anuncia que en determinadas circunstancias sí se autorizará perforar novas captacións, pero que haberá que solicitar o permiso a Demarcación de Augas correspondente (Cantábrico e Miño-Sil dependentes do MAPAMA e Galicia Costa dependente de Augas de Galicia.
Este trámite pode tardar, dependendo da complexidade da tramitación, de un ano a 18 meses co cal todas as axudas que se soliciten quedarán fora de prazo para poder ser xustificadas porque Consellería establece como data límite de xustificación e solicitude pago o 30 de setembro de 2018. Desde o sindicato Unións Agrarias pídese a Xunta de Galicia que deixe de xogar coa desesperación das xente do rural, anunciando liñas de axudas que logo non son cobrables.

O mesmo ocorre cos 11 millóns para cubrir danos dos incendios que logo quedaron reducidos a só 1,5 millóns de Euros para o agro, o que non cubre nin sequera as perdas ocasionadas polos lumes nas forraxes.

Se sumamos os estragos provocados por ataques de lobos e xabarís, os respectivos catastrazos aumentando artificalmente o valor das vivendas e establos para cobrar mais impostos, a falla de acceso ás tecnoloxías no rural (internet), atrasos de pagos e denegación de subvencións da PAC, peche de centros de saúde e escolas, conleva un envellecemento e despoboamento masivo no rural.

Dende Unións Agrarias, se fai un chamamento masivo a toda a poboación rural e urbana a asistir ás charlas informativas e á manifestación en Santiago para reclamar un xiro drástico nas políticas sociais na Galicia Rural.

Dende a organización agraria se porá a disposición autobuses para o traslado dos manifestantes a Santiago. Os participantes poden apuntarse ó teléfono de Unions Agrarias Viveiro, 982 56 30 88.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive