20 de Novembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Xa están á venda as entradas para o espectáculo Jurásico. La isla perdida, que estará en Burela o 15 de decembro

13-11-17

JurásicoDespois da súa xira de tres anos por Europa, chega a España esta montaxe que une cultura, diversión, ecoloxía, tecnoloxía, imaxe e son, cunha posta en escena completamente exótica pensada para un público familiar. Presenta as situacións que rodean ao mundo animal, pero coa particularidade de que as personaxes ás que lles suceden as aventuras son, aos ollos do público, auténticos dinosaurios. Jurásico. La isla perdida presentarase na Casa da Cultura de Burela o día 15 de decembro, ás 20:00 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com, na Biblioteca Municipal de Burela e na cervexería O Traste.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive