15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta autoriza a contratación adicional de nove perceptores do Risga nos Concellos de Ribadeo e Burela que suman 18 incorporacións nestes municipios

05-12-17

Lugo, 5 de decembro de 2017.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver unha ampliación pola que se autoriza aos concellos de Ribadeo e Burela a contratación como novos operarios municipais de perceptores da Risga, a Renda de Integración Social de Galicia.

No caso concreto do Concello de Ribadeo a Xunta autoriza a contratación de cinco persoas que se suman aos outras cinco que xa contrataron con anterioridade. Pola súa banda, no Concello de Burela serán catro os novos contratos autorizados, que se suman aos outros catro que xa estaban contratados. En total, ambos concellos suman 18 incorporacións de perceptores da Risga ao mercado laboral.

Atendidas o cen por cen das solicitudes
Deste xeito, o Goberno galego completa ao cen por cen as solicitudes realizadas polos concellos da comarca, todos os que se interesaron por participar neste programa promovido desde a administración autonómica e que busca a inserción laboral destas persoas, evitando así que se cronifique a súa situación de exclusión laboral.

O programa tamén axuda ás Facendas locais xa que permite incrementar o cadro de persoal dos respectivos concellos, pois os perceptores do Risga contratados pasan a desempeñar labores en distintos servizos de competencia municipal. Todo iso sen custe engadido para a administración local, xa que logo é a Xunta quen financia o pago do salario e da seguridade social.

A distribución destas axudas realizouse tendo en conta criterios obxectivos tales como: o número de persoas desempregadas e a evolución do paro rexistrado no período 2012-2016, a evolución da poboación no citado período e o número de persoas perceptoras da Risga existentes en cada concello de Galicia en 31 de decembro do ano 2016.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive