15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a adxudicación do dereito de superficie, con opción a compra, de varias parcelas do Parque Empresarial de Mondoñedo

05-12-17

Mondoñedo, 5 de decembro de 2017. O Concello de Mondoñedo informa de que está aberto o prazo de presentación de ofertas para a adxudicación do dereito de superficie, con opción de compra, de determinadas parcelas do parque empresarial da localidade, propiedade de Suelo Empresarial del Atlántico S.L. SME, tal e como se acordou no Consello de Administración da Sociedade do pasado 24 de novembro de 2017.

As bases que regulan este procedemento están dispoñibles tanto no taboleiro de anuncios do Concello de Mondoñedo como na páxina web de Suelo Empresarial del Atlántico S. L. SME. Así, a data límite para a presentación e o día 27 de abril de 2018, e a ofertas deberanse remitir ás oficinas da SEA, na calle Hórreo, en Santiago de Compostela. O prazo de vixencia do dereito de superficie é de 30 anos.

Deste xeito, as parcelas que son obxecto deste procedemento de adxudicación, do dereito de superficie, con opción de compra, son as que se detallan no seguinte cadro:

Parque empresarial de Mondoñedo- dereito de superficie

Parcela Superficie Uso
Nº 24 1.441,72 mixto
Nº25 1.675,72 mixto
Nº2 966,83 mixto
Nº3 959,9 mixto
Nº4 1.190,62 mixto
Nº5 1.207,22 mixto

Procedemento de concesión do dereito de superficie
Polo tanto, o tipo de contrato que rexe este procedemento é o da concesión do dereito de superficie, mediante procedemento aberto e a forma de adxudicación é a de licitación á alza.

O prezo base de licitación é o indicado no seguinte cadro e serán admisibles as ofertas que igualen ou incrementen o canon anual, sendo rexeitadas as que o aminoren. É dicir, a forma de adxudicación é a licitación sendo o criterio de valoración a oferta económica máis vantaxosa con respecto ao canon superficiario establecido.

Parque empresarial de Mondoñedo-Dereito de superficie
Parcela Canon base de licitación 1º y 2º año (€) €M2

Canon base de licitación 3º y 4º año (€) €M2 Canon base de licitación años seguintes (€) €M2
Parcela nº24 1.189,42 0.83 1.982,37 1,38 2.775,31 1,93
Parcela nº25 1.382,47 0.83 2.304,12 1,38 3.225,76 1,93
Parcela nº2 893,35 0.92 1.488,92 1,54 2.084,49 2,16
Parcela nº3 886,95 0.92 1.478,25 1,54 2.069,54 2,16
Parcela nº4 1.100,13 0.92 1.833,55 1,54 2.566,98 2,16
Parcela nº5 1.115,47 0.92 1.859,12 1,54 2.602,77 2,16

Poderán presentar solicitudes todas as persoas físicas ou xurídicas españolas ou estranxeiras, públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que se atopen en posesión da súa capacidade xurídica e de obrar.

De igual xeito, nas bases tamén se establece que a finalidade a que queda adscrita cada parcela é a de construción de instalacións para a realización de actividades acordes con usos previstos no planeamento correspondente e subsidiariamente nas ordenanzas municipais e na normativa urbanística aplicable.

Nas bases tamén se establece que se concede polo cedente ao superficiario o dereito de opción de compra sobre a parcela da que resulte adxudicatario.

Impulso do Concello de Mondoñedo
Deste xeito, O Goberno local continúa a realizar as xestións oportunas co SEA dirixidas a acometer medidas que permitan dinamizar o parque empresarial da localidade. Ademais, dende o Concello anuncia que o vindeiro luns se acometeran de novo labores de limpeza nas parcelas do polígono.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive