15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este xoves, día 7, acendeuse a árbore de nadal na Praza do Concello, en Burela

06-12-17

Burela, 6 de decembro de 2017. Este xoves, día 7, ás 20:30 horas terá lugar o acendido da árbore de Nadal na praza do Concello de Burela. O alcalde, Alfredo Llano, invita a veciños e comerciantes a participar neste acto.
O rexedor burelés dixo que “xa é tradicional acender unha árbore de Nadal aquí en Burela na praza do Concello. Levamos facéndoo todos estes anos. Foi algo que puxo en marcha a asociación de comerciantes de Burela e incluso costearon a montaxe da árbore. É algo singular que dá dinamismo e o pistoletazo de saída ao Nadal. Xa leva tres ou catro anos poñéndose esta árbore”.
Alfredo Llano declarou que “este ano a Acia está agardando a facer un relevo na súa xestión, a ver se aparece unha nova directiva o antes posible. E nosoutros como vimos colaborando desde sempre coa Acia e queremos seguir facéndoo, tomamos este ano un pouco a iniciativa de acender a árbore o xoves, día 7, ás oito e media da tarde”.
O alcalde burelés convida “a todos os veciños que queiran achegarse á praza, e tamén a todos os comerciantes e industriais de Burela que tamén queiran achegarse a este acto que faremos mañá. É unha árbore que é deles e polo tanto queremos que compartan con nós este acendido deste ano 2017”.
O rexedor asegurou que “imos facer de Burela un sitio atractivo no Nadal, imos poñer unhas luces que sexan bonitas e queden ben no pobo. Imos colocalas a partir da semana que ven, eu creo que o 15 ou 16, o venres ou sábado, xa se poden iluminar todas as luces que se poñan este ano”.
Llano engadiu que “imos procurar entre todos motivar que sexa un Nadal bonito, un Nadal para lembrar. Imos procurar disfrutar de todo canto se faga, e desde logo procurar tamén que todos os comerciantes, hostaleiros e industriais de Burela dalgún xeito colaboren e fagan as súas apostas individuais para que sexa todo isto no seu conxunto un atractivo formidable e que dentro da Mariña sexamos tamén un bo referente”.
O alcalde insistiu en que “o xoves, día 7, ás oito e media da tarde imos acender a árbore de Nadal que sufragou a Acia e para eles vai dedicado e para todo o pobo de Burela, polo tanto quedan todos invitados”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive