16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

FESTAS, FAMILIA E XANTAR

30-12-17

otero_regal1Tamén nestas datas e tempo de atoparse cos amigos na diáspora, unhas horas para compartir, comendo, por suposto. Os amigos elíxense, a familia non, pero, aínda así non sempre se acerta. Últimamente os psicólogos falan moito de compañías tóxicas, sexan parentes, amigos, veciños ou xente do traballo e apuntan a necesidade imperiosa de tratarse este veneno para que non acabe reflectíndose no corpo cunha enfermidade, porque o corpo nunca mente, só que non o escoitamos a tempo, ata que nos berra . Si xunto a unha persoa algo se che revolve dentro, non sabes que pasa pero incomódache a súa presenza, ou as súas palabras ou a súa soa visión, escoita o teu corpo e decide, tes as tres opcións que a natureza dá a calquera ser vivo: fuxida, loita ou aceptación conscente, si é un tigre de bengala telo difícil en calquera caso. Para os humanos existe outra saída máis, contalo. Cóntao, fala diso, non cho tragues,non o gardes dentro, non hai antídoto, dicho unha experto. Felices festas.
É o que toca nestas datas, ilusións, queixidos, consumo e pacencia, un pouco de cada. Facemos unhas cousas con gusto e outras de mala gana. Algunhas familias respectan a tradición aínda que lles custe a saúde, é máis cómodo que rebelarse e dar explicacións. Imos xogar a que todos nos levamos ben, os cotilleos na cociña, na taberna, no restaurante, no cotillón. Por favor, contención na bebida que logo pasa o que pasa, prohibidas as alusions molestas, aos avós que non lles falte de nada. Ao pé da árbore agasallos, moitos agasallos, e canto máis caros menos amor, hai que camuflarse. Decorar a casa, poñer as luces, que bonito, entrañable, uns villancicos de fondo, algúns momentos perfectos, suspiros. Entre cordeiro e pescada, repolo e lechuga. . Felices festas y un ano cheo de boa sorte.

Otero Regal

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive