15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Foz, plataforma de futuro” demándalle ó Alcalde e ó equipo de goberno que asuman as súas responsabilidades sobre o estado vergoñento da aula da natureza e sobre o estado no que se atopan as aves que alí se atopan

03-12-17

En Foz, a 3 de decembro 2017. “Foz, Plataforma de Futuro” nin acepta nin asume as críticas á esta formación vertidas nas redes sociais e na prensa sobre o voto emitido en contra do peche da Aula da Natureza de Foz.

1°. Somos os impulsores no pleno municipal de defender os animais e a súa contorna presentando unha moción en abril de 2016 solicitando a mellora de dita aula e denunciando as súas deficiencias. Foi aprobado pola maioría, ¿entón por que non se fixo?
Preguntouse en repetidas ocasións ó respecto e a resposta era sempre a mesma , que estaban niso .
Comenta o Sr. Alcalde que evitaron despois de moito esforzo unha multa de 60.000 € por non estar ó corrente coa lexislación vixente.
Despois de tanto esforzo , entón ¿por que non se coida acertadamente? Non é entendible.
Nos apostamos por ter estas instalacións lúcidas e hixiénicas tanto como os animais en condicións saudables, consultamos cun experto en aves e comunicounos que o traslado ou liberación destas aves suporía a súa morte pois están acostumadas ó seu hábitat diario.

2°. Non aceptamos esta proposta do equipo de goberno pois de querer facelo o Sr. Alcalde dispón de potestade suficiente para efectuar o seu peche sin pasar polo pleno municipal, ¿que busca entón despois de ter así el as instalacións?
Saír á prensa en primeira páxina dun xornal rexional a bombo e platillo, supoñemos que previo pago; ¿non sería mellor gastalo nas aves e no seu mantemento? Creemos que isto é unha trama, ou trampa política, para atacar e desprestixiar á oposición que se serve da boa vontade dos membros e membras da Protectora de Animais de Foz.
E agora viranos co asunto dos orzamentos. Sí, eses orzamentos dos que fala e que nós apoiamos para que a Asociación Asistencial Protectora de Animais de Foz tivese unha nova ubicación, previamente pactada con dita protectora, e que supostamente xa conta cun proxecto e está a piques de contratarse, cousa que xa nos fai dubidar.
Por estes e máis motivos nin aceptamos nin asumimos tales críticas.

Nós non somos os responsables do estado lamentable de abandono da aula da Natureza, coñecida despectivamente como “pajarera” polo Sr. Alcalde.

O único responsable e o actual xestor deste Concello, o Sr. Alcalde de Foz.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive