16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Moción do grupo municipal de “Foz, plataforma de futuro”, para instar ó Concello a colocar placas cos nomes das rúas onde falten e dar nome ás rúas que non o teñen

23-12-17

En Foz, a 15 de Decembro de 2017. Dende “Foz, Plataforma de Futuro”, comprobamos nos últimos tempos a falta de algunha placa co nome das rúas dentro do Casco Urbano do noso Concello, entendemos que por distintos motivos, deixade do Equipo de Goberno, edificacións novas ou falta de mantemento entre outras. Atopámonos en moitas ocasións con persoas que nos preguntan polo nome de calquera rúa que non dan con ela por estes motivos, así como tamén nalgún outro caso porque a fecha de hoxe hai rúas que non teñen nin tan sequera posto nome, e son coñecidas vulgarmente como prolongacións de outras rúas existentes. Un Concello coma o noso que queremos potenciar o turismo e que efectivamente durante o ano temos numerosos visitantes debemos coidar estes pequenos detalles, pero que servirían para facer moito mais fácil, a vida diaria dos nosos veciños e visitantes. Dende a nosa humilde opinión, poñer nome a estas novas rúas debería ser un traballo de toda a corporación, e eses nomes desas rúas poderían ser perfectamente nomes de mulleres, recoñecendo así o traballo e potenciando o sector feminino, como xa se está a facer noutros Concello de Galicia ,cunha campaña que podería levar como nome Rúas en Feminino.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz a colocar as placas cos nomes das rúas onde falten nestes momentos.
-Instar ó equipo de Goberno do Concello de Foz a consensuar coa Corporación Municipal o nome das rúas que nestes momentos non o teñen, pensando que estes nomes poderían ser perfectamente nomes de mulleres que podería encadrarse nunha campaña co nome Rúas en feminino.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive