22 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG de Burela ve desprotexido o tecido comercial local

29-12-17

Burela, 30 de Novembro de 2017. Este Nadal o comercio de Burela está contanndo con iniciativas para incrementar o rendemento desta época do ano e dinamizar a vida na vila. Obxectivamente é unha cuestión que funciona en tódalas vilas da comarca e Burela non é excepción. O que non cadra tanto é que estas iniciativas non estén lideradas polo goberno local, que permanece impasible mentres os comerciantes artellan de xeito totalmente particular a maneira de seren competitivos.
“Dende a ACIA fai meses que pediron un relevo, con toda lóxica, pero este non chega, o señor Alfredo Llano é incapaz non so de contrarrestar a incertidume xerada na asociación de comerciantes debido o posible cambio de directiva, senón que non serve nin para crear unha campaña de Nadal da que saquen probeito todos, pois téñeno que facer os propios donos dos establecementos” sinalou Mario Pillado, voceiro do BNG. É unha cuestión que se ven repetindo en diversos ámbitos e agora tocoulle ó sector comercial, dende o goberno municipal son moi bos aparentando e coas operacións de imaxe pero á hora de traballar e axudar na sociedade xa non son tan expertos, “en Burela Bonita hai moitos e noi bonitos letreiros, lucense continuamente as beirarrúas, faga falla ou non, pero o pequeno comercio e de cercanía ten que sacar el só as castañas do lume, porque o goberno local non está nin se lle espera” indicou Pillado.
Malestar coa carpa na Praza da Mariña
Nunha zona mais concreta, na praza da Mariña, hai certo malestar entre algúns propietarios de establecementos pola ubicación e instalación dunha carpa, destinada para un par de actos do concello, pero que esconde e invisibiliza algúns comercios. Ademais, o BNG quere saber cal é o custe para a veciñanza de ter esa instalsción durante tantos días, durante os cales unha empresa privada fai negocio co cobro de entrada para participar en diferentes xogos. “Non temos nada en contra de ningunha iniciativa privada pero cremos que os investimentos que fai o concello deben redundar no beneficio do conxunto do sector comercial, non so dun particular” explicou o voceiro do BNG, “por iso preguntaremos canto nos costa a carpa ós burelaos e ás burelás”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive