19 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concerto Aquí como en Viena da Banda municipal de Ribadeo abarrotou o cine teatro

31-12-17

311217 CONCERTO AQUÍ COMO EN VIENA DA BMMR ONTE (3)Ribadeo, 31 de decembro de 2017. O tradicional concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo abarrotou o Cine Teatro ribadense este sábado. Nesta ocasión os asistentes tiveron que recoller previamente as entradas de balde para evitar aglomeracións e así garantir a seguridade do público.
A Banda de Ribadeo estivo dirixida nesta ocasión polo seu titular, David Ballester Martínez, e polo segundo director, Rubén Solloso Irimia, e houbo diferentes bromas e sorpresas, como é habitual neste concerto.
Na primeira parte interpretaron temas dos anos 60 e 70 do século pasado: Y.M.C.A., Mocedades en concierto, Formula V, Raphael (Medley) e Eurovisión Junior. E na segunda tocaron Danza Húngara Nº 5, Pizzicato Polka, Marcha Militar Nº 1 e The Second Waltz. E remataron con dous bises: A orillas del Danubio azul e a Marcha Radetzky.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive