Sobre a mesa estará o proxecto piloto para loitar contra a avespa velutina, que lles propuxo levar adiante a Asociación Galega de Apicultores. Llano declarou que “entre todos debemos adoptar unha decisión para abordar esta problemática que estamos a sofrir desde hai meses nesta comarca”.