15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

PNL sobre a creación do servizo de fisioterapia no Centro de Saúde de Burela

04-12-17

Burela 4-12-17. O Centro de Saúde de Burela non conta na actualidade con servizo de fisioterapia, a diferenza doutros centros de saúde da contorna coma o de Ribadeo, Foz ou Viveiro. Deste xeito os veciños dos concellos de Burela e Cervo non poden acceder a sesións de fisioterapia, cando o precisan, posto que non poden acudir a aqueloutros centros de saúde ao non estar asignados a eses centros.
Non se trata dun problema menor, posto que en moitas ocasións os médicos de atención primaria inclúen no seu tratamento para diferentes doenzas sesións de fisioterapia e mesmo dende o servizo de traumatoloxía do Hospital da Mariña se prescribe a fisioterapia como rehabilitación para moitos doentes.
A isto súmase, que no propio Hospital da Mariña se están a producir problemas para cubrir o posto de rehabilitador, o que supón graves prexuízos para a poboación da comarca. Os doentes ven con impotencia como lles recomendan levar a cabo sesións de fisioterapia pero no seu centro de saúde non se presta ese servizo e o único que poden facer é reclamar e/ou acudir a fisioterapeutas de pago por conta propia.

Por todo o exposto, formulamos a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Pleno/Comisión:
O Parlamento insta a Xunta de Galiza a dotar o Centro de Saúde de Burela de servizo de fisioterapia a través do desenvolvemento das xestións necesarias para contar coas instalacións e o persoal preciso.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive