15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Tivo lugar o acendido do alumeado de nadal en Ribadeo. Serán 200.000 bombillas microled as que iluminen a vila ata despois de reis

07-12-17

IMG_5392Ribadeo, 6 de decembro de 2017. Esta tarde tivo lugar o acendido do alumeado navideño en Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, percorreu xunto a varios membros do equipo de goberno o Mercado de Nadal, que estará aberto no parque de San Francisco ata o vindeiro domingo, 10 de decembro.
O rexedor declarou que “agora si que podemos dicir que empezou o Nadal aquí, en Ribadeo. Por unha banda porque fai moito frío nestes días e por outra porque empeza o Mercado do Nadal, como todos os anos, dándolle vida á vila e atraendo, coma sempre, a multitude de amigos e amigas que veñen de aquí, de Ribadeo, e doutros concellos máis próximos ou máis afastados”.
Suárez Barcia dixo: “e ademais deste Mercado do Nadal, que estará desde hoxe ata o domingo cos 25 stands con todo tipo de produtos, tamén hoxe acendemos o alumeado de Nadal. Nestes últimos días estiveron colocándoo en diferentes rúas e espazos públicos, ampliando algo máis con respecto ao ano anterior; tal e como me di a empresa que o está instalando, son unhas 200.000 bombillas microled que van iluminar a noite deste Nadal desde hoxe ata despois de Reis”. O alumeado chega este ano ao quiosco da música, ás arbores da praza de abastos, á praciña de San Roque e á rúa Virxe do Camiño, entre outras.
O alcalde ribadense engadiu: “polo tanto creamos un clima marabilloso e damos un ambiente espectacular para vir a Ribadeo a pasalo ben, a mercar… Dentro duns días poñeremos a funcionar a pista de xeo natural e Ribadeo convértese, unha vez máis, nun lugar imprescindible para estar aquí e vir pasar o Nadal”.
Esta mércores o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Cultura, Igualdade, Servizos Sociosanitarios, Limpeza Viaria e Turismo, Farruco Graña, Mariluz Álvarez, Sonia Meilán, Jorge Díaz e Ana Martínez, visitaron o Mercado de Nadal, que está instalado no parque de San Francisco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive