15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Últimos preparativos para a celebración da XI Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova

05-12-17

presentación-feira da pontenovaLugo, 5 de decembro de 2017. O Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, avanzou este martes que xa están rematando os últimos preparativos para a celebración da nova edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da vila, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de decembro. Trátase dunha cita de referencia no sector das antigüidades e da artesanía na que participan profesionais de distintos puntos de Europa. Nesta edición, farano 60 anticuarios e artesáns de España, Francia e Portugal.

Martínez explicou que “xa está montada a carpa situada na Praza dos Fornos que vai acoller aos anticuarios a artesáns, e nestes intres estamos rematando a montaxe da exposición do CENTRAD, coa que a Deputación levará unha exposición do Centro de Artesanía e Deseño composta por 120 pezas de oleiría; así como unha colección de bargueños fabricados no obradoiro do moble do CENTRAD, que fai un percorrido pola evolución desta particular peza de escritorio dende o século XVII e ata hoxe”.

O Tenente de Alcalde sinalou que “a meirande parte das prazas hoteleiras do Concello están esgotadas para estas datas, debido a afluencia tanto de dos participantes así como dos visitantes que acoden a esta cita. Ademais quero lembrar a implicación do sector hostaleiro, que tamén que traballa conxuntamente co Concello para que esta feira sexa un éxito, ofrecendo menús especiais a 15 euros nos restaurantes da vila”.

Francisco Martínez destacou que “coa celebración deste evento queremos contribuír a poñer en valor a nosa fonda tradición no sector das antigüidades, que actualmente, xa está consolidada no calendario festivo de Galicia, e aproveitamos a nosa riqueza cultural para xerar oportunidades económicas no Concello”.

Demostracións en vivo na Casa da Cultura
A Casa da Cultura acollerá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Ata o momento, está confirmada a participación de 8 artesáns: José Fernández realizará demostración de olaría de barro; Luisa Martínez Vázquez de cestería en mimbre; José Mª Rodil Arruñada forxa e obradoiros de navallas; José María García Bouza realizará talla en madeira; Jesús Iglesias de torno; José Ramón Carballeira fará exhibición de tear triangular; María José Arruñada fará pintura ao óleo e Mari Carmen Otero de cestaría.

Preto de 20 participantes na Ruta Reivindicativa en Vespa
A Pontenova acollerá a “Ruta Reivindicativa en Vespa pola Senda Verde” o 9 de decembro, na que xa hai preto de 20 participantes inscritos. Partirá da Praza dos Fornos ás 12:00 horas. Trátase dunha iniciativa coa se demanda ao Goberno Central a recuperación e posta en valor da antiga ruta do tren mineiro, executando o proxecto que se aprobou pero nunca desenvolveu pois suspendeu os fondos prevista para facelo. Os interesados en participar nesta iniciativa aberta ao público poden inscribirse no 689 00 80 73.

Profesionais e horario
Na Praza dos Fornos situarase todos os profesionais participantes: 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional, dende Galicia, Asturias, Castela e León, Huesca, Lérida ata Madrid; así como de distintos puntos de Portugal e Francia. A apertura será o xoves 8 de decembro ás 16:00 horas. O horarios o venres, sábado e o domingo será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, agás o domingo que o peche será ás 20:00 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive