15 de Decembro de 2017

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Villares: “Augas de Galicia convocará a todos os Concellos afectados pola alerta de seca a vindeira semana para instalos a reforzar as medidas de concienciación e aforro”

05-12-17

Cervo, 5 de decembro de 2017.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, participou nunha reunión do Comité Permanente do Consello Reitor de Augas de Galicia, que se creou a comezos do pasado mes de outubro co obxectivo de facer unha seguemento da situación de seca e aprobar as medidas que sexan precisas neste materia. A Comisión está formada por un representante da Xunta de Galicia, outro no nome dos usuarios, un representante dos Concellos, que neste caso é Alfonso Villares, e o Director de Augas de Galicia.

Tal e como apuntou o rexedor, debido ás condicións climatolóxicas excepcionais dos últimos meses, “vense de decretar a alerta de seca en todos os sistemas que está baixo a xestión de Augas de Galicia, polo que, no que afecta á zona da Mariña, agora inclúense tamén os Sistemas do Río Sor, da Ría de Ortigueira e da Ría de Viveiro; así como o dos ríos Landro e Ouro, o do río Masma e o da ría de Ribadeo. Polo que están practicamente todos os Concellos da Mariña afectados, a excepción daqueles ubicados na zona máis oriental, que pertencen neste caso á Confederación Hidrográfica do Cantábrico.

Villares sinalou que Augas de Galicia enviará, previsiblemente esta mesma semana, unha carta a todos os Concellos afectados -unha comunicación que se reforzará dende a propia Fegamp-, para convocar aos seus representantes a unha xuntanza a vindeira semana con fin de informar e explicar a situación actual e instalos a que reforcen as medidas de concienciación e aforro; así como para poñer en común os problemas derivados da falla de auga e abordar as distintas incidencias que se poidan detectar.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive