23 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

3 lucenses premiados no IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera que organiza o Goberno da Deputación

03-01-18

2 PremioLugo, 3 de xaneiro de 2018. O Goberno da Deputación informou este mércores os 3 gañadores no IV Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera. Trátase da cuarta edición do certame fotográfico que organizou o Executivo Provincial, dotado con 1.600 euros, para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza paisaxística e ambiental, así como os recursos naturais dos que dispón as Reservas da Biosfera Terras do Miño e os Ancares Lucenses.

Este ano o concurso tivo como tema central a armonía entre persoas e natureza, nestes 2 espazos naturais que contan co distintivo da UNESCO, co que pretendíase que as instantáneas amosaran oficios tradicionais que se atopan integrados na natureza, infraestruturas ou patrimonio material, inmaterial e etnográfico que están en harmonía coa natureza.

Foron 21 persoas as que participaron este ano coas súas obras. Os tres mellores traballos presentados recibiron premios en metálico de 800, 500 e 300 euros, respectivamente. Os criterios valorados polo xurado foron a composición, orixinalidade e calidade estética da imaxe. Os premiados foron os seguintes:

– 1º Premio: “Ocaso castrexo” de Oscar Doral García.

– 2º Premio: “El instante” de Daniel Sánchez Enjuto.

– 3º Premio: “A espera” de Antonio José Fernández Hevia.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive