A antiga escola da parroquia focense de Fazouro acollerá unha representación teatral mañá, sábado, ás 20:00 horas. O grupo Axóuxeres ofrecerá a obra titulada Non casei con todos. Esta actividade está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Foz e a asociación teatral A Adala.