16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Consellería do medio rural achega 270.000 euros para a compra de tractores para a roza nos Concellos de Trabada, Ribadeo e Alfoz

02-01-18

020118 Tractor Trabada3Trabada, 2 de xaneiro de 2017.- Tres concellos da Mariña lucense –os de Trabada, Ribadeo e Alfoz- dispoñen dun tractor para a roza grazas a un novo convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata o primeiro dos municipios citados para ver o vehículo recentemente adquirido.

Balseiro explicou que a consellería demostra así a súa aposta polo municipalismo e apoio ao rural, xa que por unha banda se trata de facilitar aos concellos a execución das súas competencias, como son o mantemento libre de maleza das faixas vexetais de determinadas parcelas da súa titularidade e, pola outra, as operacións de roza garanten unhas infraestruturas rurais en óptimas condicións e con menor risco de incendios.

Con este obxectivo, a Xunta concedeu a cada un dos concellos 90.000 euros para a compra íntegra desta maquinaria, da que unicamente está excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE) como gasto subvencionable.

Esta medida súmase a outras que xa viña aplicando a consellería como o convenio marco de colaboración cos concellos para a prevención e defensa contra os incendios forestais e polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de motobombas e brigadas municipais.

Criterios obxectivos
Os concellos seleccionados foron elixidos baixo criterios obxectivos como o número de habitantes (menos de 10.000), o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio dese tractor, que non recibiran motobombas novas por parte de Medio Rural nos últimos cinco anos, nin máis de 90.000 euros no ano 2017 a través do fondo de compensación ambiental.

Ademais, debían cumprir con algunha das seguintes esixencias: ter subscrito o convenio para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018 nas súas tres liñas de actuación, ter rexistrada algunha Parroquia de Alta Actividade Incendiaria no seu territorio (PAAI) ou que teñan predios recoñecidos -ou en proceso de recoñecemento- da titularidade a través da Lei de Mellora Territorial Agraria de Galicia. Na provincia de Lugo resultaron beneficiarios 13 concellos, entre eles os tres da Mariña lucense.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive