20 de Xaneiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Mancomunidade de municipios da Mariña conseguiu o 2º premio coopera Galicia 2017 co proxecto Catuxa, sobre violencia de xénero. Está dotado con 20.000 euros. Alfredo Llano amósase satisfeito con este galardón

11-01-18

A Mariña, 11 de xaneiro de 2018. A Mancomunidade de Municipios da Mariña ven de conseguir o 2º premio Coopera Galicia 2017 co proxecto denominado Catuxa, que supón unha continuidade aos Puntos limpos para a xestión de residuos machistas, cos que a entidade gañou o primeiro premio en 2015. O presidente, Alfredo Llano, amósase satisfeito con este premio, que está dotado con 20.000 euros, e que se desenvolverá polos centros de ensino da comarca, entre outros puntos.
Llano relatou que “recibín a agradable noticia, como non podía ser doutra maneira, da Subdirección Xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais de que o noso proxecto, que tramitamos a través da Mancomunidade, dos plans Coopera recibiu o segundo premio”.
O presidente da Mancomunidade lembrou que “xa recibíramos o primeiro premio hai dous anos con outro proxecto, tamén dedicado ao mesmo motivo, que é contra a violencia de xénero. Lográramos o primeiro premio porque realmente era un proxecto moi ben planificado, con moito contido e foi dirixido á xente que tiña a necesidade de ter un coñecemento específico sobre a violencia de xénero, como por exemplo o persoal dos Concellos que se dedica a asuntos sociais, persoal dos institutos, alumnos de institutos e de colexios, diferentes asociacións, etcétera”.
Alfredo Llano sinalou que “este ano presentamos un proxecto que é continuidade, que complementa perfectamente aquel outro que lograra o primeiro premio. Vai na mesma liña porque xa entón no primeiro proxecto, na súa parte final, había un indicativo claro de que queríamos seguir desenvolvendo esa idea e ese proxecto inicial. Este é un proxecto de xestión compartida para a loita contra a violencia de xénero. Puxémoslle o nome de Catuxa e vai procurar levar adiante durante este ano 2018 diferentes programas dirixidos sobre todo a adolescentes, a persoal responsable de temas sociais nos Concellos e a outros colectivos. Vamos intentar facer tamén programas para levar aos diferentes Concellos, porque pretendemos que sexa integrador e que participen os 16 que formamos a Mancomunidade dunha maneira activa”.
E engadiu: “alégranos moito porque ter gañado o primeiro e conseguir agora, cunha continuidade dese proxecto, o segundo premio é moi interesante. Este está dotado con 20.000 euros, que é unha cifra bastante importante para seguir abundando neste tema contra a violencia de xénero, que consideramos que é importante e desde a Mancomunidade estamos sensibilizados con este tema e vamos procurar facer un bo labor, como fixemos xa no primeiro proxecto”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive