16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Mariña alevín e infantil comezan a traballar

03-01-18

benxamin-amarinha1718Burela. Mércores 3 de xaneiro. As Seleccións da Mariña Alevín e Infantil de Fútbol Sala comezarán a traballar esta semana, arroupadas pola Fundación Imdecum, de cara ao Torneo Amigable de Seleccións Comarcais da provincia de Lugo.

Baixo a dirección de Andrés López, de ED Celeiro-Xove FS, e Michael Sante, de ED Lourenzá, o combinado Alevín adestrará o día de Reis, ás 17.00 horas, no pavillón municipal laurentino. O conxunto Infantil terá a súa primeira sesión o domingo, día 7, no pavillón Vista Alegre de Burela (17.00 horas), con Mario Pillado, do Pescados Rubén Burela FS, e Carlos Gonçalves, da ACD Xove, á fronte.

Catro burelaos con Lugo Benxamín

Os burelaos Borja Cortegaza, Mateo Domínguez e Gabriel Díaz, do Castrelo FS, xunto a Walter Gonçalves, do Pescados Rubén Burela FS, defenderán finalmente a Lugo Benxamín no Campionato de Seleccións Comarcais da RFGF que se se disputará mañá en Marín (pavillón de San Narciso). Estas catro pequenas promesas xa formaron parte da Selección da Mariña Benxamín, coa coordinación da Fundación Imdecum, a comezos de decembro, proclamándose campioa no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo disputado en Begonte.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive