16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG alerta da crise demográfica da Mariña

02-01-18

A Comarca da Mariña sofre unha perda constante de poboación, provocando a perda de categoría de varios Concellos e sendo un mal indicador para a economía comarcal. Xunto con esta perda de poboación vemos que tamén o indicador de idade se dispara e a taxa de dependencia é moi elevada na nosa comarca, moitas familias dependen do salario da persoa máis maior, o que proboca a saída de xoves e falta de seguridade para ter familia.

Dende Compromiso por Galicia entendemos que no caso especifico da Mariña non son aplicables as razóns do resto de Galicia, a nosa é unha comarca costeira con industria e nunha zona estratexica. Entendemos que o contexto global axudou a esta mala situación pero tamén na Mariña non se tomaron medidas oportunas, propias.

A mala planificación das comunicacións, o nulo transporte público e o aumento dos localismos non fan máis que agravar esta situación.

Tendo dous portos referentes, unha multinacional como Alcoa e un tecido productivo diverso non son de recibo as cifras demográficas da nosa Comarca.

Pouco ou nada se fai dende os diversos estamentos políticos:

•Xunta de Galicia: a Xunta do PP leva tempo centralizando servizos en Lugo capital, mermando a competitividade da nosa Comarca, non é quen de rematar o corredor costeiro e non fai unha soa inversión estratexica na nosa comarca.
•Deputación: Paralización da inversión en solo industrial, non fomenta o intercambio empresarial, pouca ou nula oferta de servizos, ningunha axuda á conciliación son as políticas do PSOE na Deputación.
•Mancomunidade: Nula capacidade de operación neste campo non se porduce ningún debate, pouco traballo de asentamento e regulamento da poboación inmigrante, ningunha liña de axuda nin planidficación mancomunada de servizos que favorezan a natalidade cun alcalde socialista ó fronte.

Dende CxG A Mariña reclamamamos un debate serio que poña este tema na actualidade política da Mariña, e reclamamos un foro impulsado pola Mancomunidade con: Xunta, Deputación e Concellos para afondar nos esforzos. Que teña en conta a singularidade da Mariña de Lugo.
Compromiso por Galicia levará nas municipais ós concellos da Mariña propostas e solucións a este problema de futuro, mentras outros pensan en matar velutinas e en ir a FITUR a gastos pagos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive