24 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CxG recorda que o 20 de outubro de 2015, xa van máis de dous anos, o PSOE prometía actuacións nos terreos de Gres Burela

05-01-18

Burela 5-1-18. Depós do triste final dun dos referentes industriais de Burela e da Comarca, Materiales Cerámicos SA, coñecida como Gres Burela, o xulgado do mercantil pasou a poxa os terreos que ocupaba a antiga fábrica. Dende Compromiso instamos ó goberno local a mercar os bens como paso previo a facer unha zona de esparcemento cara o mar. Dende o goberno socialista de Burela fixeron oídos xordos á suxestión. Alfredo llano na súa característica máis política de vender fume prometeu en varias ocasións falar con actuais donos e facer unha zona verde, pódense consultar as distintas hemerotecas, incluso dixo que se ía facer un área comercial para aumento das ofertas de traballo.

CxG sabendo que non se ía facer nada solicitou a Patrimonio da Xunta e o Concello un plan para preservar o Patrimonio catalogado que esta nas instalacións obtendo o silencio por resposta, todos vemos como están na actualidade as dependencias. Esta é unha mostra do seu traballo pola Cultura.

460 días depós das promesas de Alfredo Llano os burelenses non vimos nada, como moitas outras. Polo cal diante da opinión pública pedimos ó PSOE de Burela que dea as explicacións oportunas das xestións feitas polo Concello nunha das zonas con máis potencial para humanizar Burela.

Grazas á acción de goberno do PSOE e de Alfredo Llano, esta vila perdeu a enorme oportunidade de cambiar a súa fachada litoral e de integrar a zona portuaria na Vila.

Gobernar é ter un proxecto para o teu concello, por desgraza en Burela imos perder 4 anos froito da inoperancia dun Alcalde conservador e covarde. Que so traballa con impulsos de certos intereses.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive