20 de Xaneiro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Derradeira xornada de prevención de incendios que tivo lugar este venres no Pavillón da Veiga

12-01-18

IMG_5753Ademais da casiña de fume, das charlas, os consellos para evitar incendios, as proxeccións, ou os talleres de RCP; os nenos asisitiron no exterior do Pavillón da Veiga a un simulacro desevolvido polo persoal do Departamento de Seguridade de Alcoa. Achegáronse ata as instalacións os alumnos dos colexios de Cervo e San Cibrao, alumnos do CEIP de Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, do Fondo Nois e do CEIP de Foz nº1. O rexedor de Cervo, Alfonso Villares destacou que estas xornadas de prevención de incendios foron un éxito, tendo en conta que polo Pavillón da Veiga pasaron estes dous días máis de 800 rapaces de toda a Mariña; aos que vimos moi receptivos e atentos nas charlas e explicacións que se lles aportaron nestas xornadas; que agardamos que reteñan e que lles sexan útiles para previr calquera situación de risco que se poida presentar na súa contorna.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive