24 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Farruco Graña anima a participar nas actividades culturais que se desenvolven ata o venres 5 en Ribadeo

03-01-18

PinochoRibadeo, 3 de xaneiro de 2018. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, anima a participar nas actividades culturais que se desenvolven estes días en Ribadeo.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, lembrou que “no plano cultural imos poder entrar todos no novo ano con moi bo pé porque seguen as actividades no concello de Ribadeo. Hoxe, mércores 3, ás catro e media da tarde no Teatro vai haber unha actividade interxeneracional de nenos e nenas, e de xente maior, da man de Juan Silvent, de Barriga Verde, O cinema de antes. Achegámonos hoxe pola tarde ás catro e media ao Teatro e poderemos ter unha experiencia singular, os avós recordar como ían ao cine e os pequenos saber cómo se ía antes ao cine. O básico é o de sempre, pero hai ese matiz, aquelas butacas de madeira e ese romanticismo do cine”.
O edil ribadense engadiu que “para os amantes da música ás oito da tarde de hoxe, no auditorio municipal Hernán Naval, teremos o concerto de música clásica a cargo de Luca Camerata. Un evento que é patrocinado pola Deputación de Lugo, e que gustosamente o Concello de Ribadeo, a través da súa Concellería de Cultura, colabora para que poida haber esta actividade no noso concello. A entrada é gratuíta”.
Farruco Graña contou que “mañá, xoves 4, ás cinco e media da tarde, tamén no auditorio municipal Hernán Naval, Educateatro presenta o musical para público familiar O mundo máxico de Pinocchio. Nesta ocasión haberá que pagar un tícket de 4 euros, a non ser os nenos e nenas menores de 2 anos que terían a entrada gratuíta”.
O concelleiro engadiu que “este venres ao longo de toda a tarde, o que ven é a Cabalgata dos Reis Magos. Así que todos e todas aproveitaremos para comer unhas lambetadas e uns carameliños, ver aos Reis Magos e pasalo ben todos en familia que é o que conta”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive