16 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG comarcal apoia a caravana pola sanidade pública que convoca a plataforma para este sábado e anima a toda A Mariña a asistir masivamente

12-01-18

A Mariña, 12 de xaneiro 2018. O Bloque Nacionalista Galego apoia todas as mobilizacións que convoca a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, e especialmente as caravanas que xa desde o mes de decembro levan percorrendo toda a comarca e que rematan este sábado en Burela, partindo ás 11 da mañá desde os centros de Saúde de San Cibrao, Ferreira do Valadouro e Foz.
Para o BNG, ésta e todas as mobilizacións que convoca a cidadanía mariñá organizada a través da Plataforma, así como as concentraciós que convoca a Xunta de Persoal do Hospital e de Atención Primaria en todos os centros de saúde os mércores, tenen que servir para frear o desmantelamento da sanidade pública na nosa comarca, desmantelamento perfecta e maliciosamente deseñado polo Partido Popular en beneficio das grandes empresas da sanidade privada e en detrimento da nosa saúde e do noso benestar.
“O mantemento da nosa área sanitaria, con capacidade económica e de xestión é algo irrenunciable para o BNG, por eso estamos e estaremos cóbado con cóbado coa cidadanía en todas as mobilizacións para pararlle os pés ao PP”, afirmou desde o BNG a súa portavoz comarcal Ana Ermida.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive