23 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BOP publica os 201 novos empregos en todos os sectores, que ofrece a Deputación a lucenses no paro

02-01-18

Lugo, 2 de xaneiro de 2018. O Boletín Oficial da Provincia publica este martes os 201 novos postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na provincia o Goberno da Deputación co Ben Empregado IV, máis social. Faino concedendo a autónomos, PEMES e colectivos lucenses axudas (que son de concorrencia competitiva e polo tanto ás que puideron concorrer todos os interesados) dun total de 2,4 millóns de euros. O BOP tamén recolle hoxe a listaxe completa de entidades e asociacións que resultaron beneficiadas de ditas subvencións.
Con ditos fondos, o Executivo Provincial financia durante un ano os custos laborais dos novos traballadores (que serán todos lucenses actualmente en situación de desemprego) que demandan e requiren entidades e asociacións da provincia para poder reforzar a súa actividade. Faino en diferentes porcentaxes, atenden ao nivel de compromiso social dentro da súa aposta por unha Deputación social e coas persoas.

Deste xeito, e tendo en conta as peticións dos solicitantes que resultaron beneficiados do Ben Empregado IV, o Goberno da Deputación financia ao 100% os custos laborais de 60 lucenses, hoxe no paro, con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social (estes retomarán a súa andaina profesional en establecementos de autónomos e PEMES da provincia), así como dos que se inserten laboralmente en colectivos sociais. Ao 50% a doutros 141 veciños, actualmente desempregados, que comezarán a traballar en negocios na provincia de empresarios lucenses.

Publicada hoxe a listaxe de 201 autónomos, PEMES e colectivos sociais beneficiados, así como os 201 perfís laborais que demandan, nas vindeiras semanas (este mes de xaneiro) abrirase o prazo de solicitude destes novos postos de traballo na provincia aos que poden concorren exclusivamente lucenses en situación de desemprego.

Beneficiados por liñas de financiamento
O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda aos autónomos e PEMES da provincia que decidisen contratar persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral (por exemplo, veciños con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos, ex-drogodepentes…). Son 20 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas. Contratarán a 20 lucenses desempregados e en dita situación. Consulta os perfís laborais: http://benempregado.deputacionlugo.org/docs/Ben%20Empregado%204/Ultimas%20novas/003%20-LINEA%201B%20-LISTADO%20DEFINITIVO%20DE%20ENTIDADES%20BENEFICIARIAS.pdf

O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda aos autónomos e PEMES da provincia que decidisen contratar a lucenses actualmente no paro en xeral. 141 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 141 veciños da provincia en situación de desemprego. Consulta os perfís laborais: http://benempregado.deputacionlugo.org/docs/Ben%20Empregado%204/Ultimas%20novas/002%20-LINEA%201A%20-LISTADO%20DEFINITIVO%20DE%20ENTIDADES%20BENEFICIARIAS.pdf

A outra liña de financiamento está dirixida exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 100% da axuda para reforzar a súa actividade social con novo persoal que, como en todos os caso, tamén serán veciños hoxe no paro. Son 40 asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 40 novos traballadores. Consulta os perfís laborais: http://benempregado.deputacionlugo.org/docs/Ben%20Empregado%204/Ultimas%20novas/004%20-LINEA%202%20-%20LISTADO%20DEFINITIVO%20DE%20ENTIDADES%20BENEFICIARIAS.pdf

Perfís en todos os sectores
O Goberno da Deputación ofrece a lucenses no paro un total 201 novos empregos na provincia en todos os sectores (poden consultalos nas anteriores ligazóns). Por exemplo: auxiliar administrativo, cociñeiro, recepcionista, axente comercial, albanel, técnico de xestión medioambiental, electricista, dependente comercio, axudante de cociña, consultor enerxético, profesor de autoescuela, carpinteiro, repartidor, delineante, condutor de maquinaria, camareiro, monitor de tempo libre, panadeiro, pintor; camioneiro, soldador, creativo audiovisual, técnico agrícola, perruqueiro, fisioterapeuta, peón para fabricación de queixos, peón en limpeza, profesor de Taekwondo, especialista en rehabilitación de pedra granítica, condutor autobús, esteticista, auxiliar de xeriatría, fotografo, persoal de atención de albergue, técnico superior en administración de sistemas informáticos, dependente carnicería, axente comercial de seguros, dependente en tenda produtos ecolóxicos, pedagogo, axente de viaxe e administración, educador, peón de xardinaría, aparellador, fontaneiro, auxiliar de gardería, licenciado en dereito, modista, técnico veterinario, peón construción, psicólogo xeral sanitario, responsable de atención ao cliente, auxiliar de farmacia, mecánico vehículos industriais, graduado social, enxeñeiro técnico de obra pública, licenciado en ciencias químicas, telefonista– recepcionista, licenciado en bioloxía, técnico de emprendemento, técnico informático, técnico de atención á terceira idade, técnico superior en procesos de calidade na industria alimentaria, informador cultural…

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive