19 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación concede 45.000 euros a pilotos de rali lucenses

11-01-18

11 de xaneiro de 2018. O Goberno da Deputación resolveu este xoves a programación de axudas para pilotos de rali da provincia de Lugo, dotada con 45.000 euros. O BOP publicou hoxe a listaxe dos 16 profesionais lucenses que resultaron beneficiados destas axudas de concorrencia competitiva, é dicir, ás que puideron optar todos os interesados que participaron na modalidade de rali de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2017. A listaxe completa de beneficiarios pódese atopar no seguinte link: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_17535_1.pdf#page=4

En total son 16 os pilotos beneficiarios destas subvencións, que van dende 764 euros ata 7.000 euros, concedidas en réxime de concorrencia competitiva. Con estas axudas poderanse sufragar gastos federativos da actividade competitiva, gastos de inscrición para competicións ou probas oficiais, gastos pola compra ou aluguer do vehículo de competición, gastos de transporte do vehículo e material de competición, así como gastos da adquisición de pneumáticos do vehículo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive