19 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Goberno da Deputación inviste 4 millóns na mellora de 27 estradas de 16 municipios

12-01-18

XGOBERNOLugo, 12 de xaneiro de 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou que o Executivo Provincial aprobou na Xunta de Goberno deste venres un investimento inicial de 4 millóns de euros para a mellora de 79 quilómetros de 27 estradas provinciais que discorren por 16 Concellos.

As estradas que se mellorarán son as seguintes:

– Ribas do Sil: aprobouse a contratación do acondicionamento dun treito de 5 quilómetros, comprendidos entre os puntos 10,800 e 15,810, da LU-P-5302 de San Clodio a Casares, con 160.185 euros.

– Barreiros: aprobouse a contratación do acondicionamento dun treito de 5,4 quilómetros, entre os puntos quilométricos 11,940 e 17,331, da LU-P-6103 de Trabada, por Fórnea a Barreiros, con 354.977 euros.

– Baralla: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme dun treito de 2,7 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,725, da LU-P-0506, de Longoira, por Sixirei, á estrada de Becerreá e Sarria, cun presuposto inicial de 140.902 euros.

– A Pontenova: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 6,5 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 310.557 euros.

– 2,2 quilómetros entre os puntos quilométricos 12,975 ao 15,750, da LU-P-1904, de Fonsagrada á Pontenova.
– 2,9 quilómetros entre os puntos quilométricos 0,800 ao 3,700 e 5,225 ao 5,590 quilómetros da LU-P-4805, de Boulloso, por Dodrín, a Figueirúa.
– 1 quilómetro, entre os puntos quilométricos 0 e 1, da LU-P-4808, da Pontenova, por Vilaouruz, á N-640.
– Becerreá: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme dun treito de 6,9 quilómetros, comprendidos entres os puntos 9,050 e 16,025, da LU-P-0705, dende a LU-722, por Vilamane e Seivane a Tucende, cun presuposto inicial de 277.034 euros.

– Castroverde: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 118.765 ao 120,845 e do 121,445 ao 124,300, da LU-P-1611 (Cinturón Comarcal), cun presuposto inicial de 347.900 euros.

– Lourenzá: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 2,2 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 99.465 euros.
– 560 metros, entre os puntos 0,400 ao 0,960, da LU-P-2801, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Arroxo.
– 750 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,750, da LU-P-2803, de Santo Tomé a Lindín.
– 950 metros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 0,950, da LU-P-2805, de Santo Tomé a Santa María Maior.
– Meira: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3,000 quilómetros de 2 estradas provinciais, cun presuposto inicial de 101.852 euros
– 705 metros, entre os puntos quilométricos 0 e 0,705, da LU-P-3003, de Meira, por Leiras, a N-640
– 2,2 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,295, da LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota
– Ribeira de Piquín: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento dun treito de 3 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 20,340 ao 23,340, da LU-P-4806, da N-640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota, a Ribeira de Piquín, cun presuposto inicial de 182.135 euros.

– A Fonsagrada: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 11,1 quilómetros de 2 estradas provinciais cun presuposto inicial de 509.915 euros.
– 1,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,130 e 9,040, da LU-P-1905, de Vilardías a Carballido.
– 9,2 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0,000 e 9,255, da LU-P-1909, de Carballido a Vega de Logares.
– Guitiriz: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento do firme de 2,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 5,060 ao 7,430, da LU-P-2301, de Guitiriz a Vilares, cun presuposto inicial de 165.237 euros

– Navia de Suarna: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 10,1 quilómetros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 528.827 euros.

– 2,7 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,750 e 40,457, da LU-P-3501, da LU-P-722, por Paradela ao Alto do Restelo.
– 5,1 quilómetros, comprendidos entre os puntos 4,375 e 9,518, da LU-P-3509, de Navia, por Vitigo, ao Alto de Labiadas.
– 2,2 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,260, da LU-P- 3512, de Cancelada da Serra, por Son e Robledo á LU-722.
– Sarria: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3,6 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 11,830 e 15,480 da LU-P-5602 de Samos por Pintín a Sarria, cun presuposto inicial de 253.471 euros.

– Trabada: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 7,230 e 10,230, da LU-P-5506, de Augasoxa a Trabada, cun presuposto inicial de 168.456 euros.

– O Valadouro: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4450 metros de 2 estradas provinciais cun presuposto inicial de 176.356 euros:

– 1,8 quilómetros, comprendidos entre os puntos 18,200 e 20,000, da LU-P-1502, de Burela, por Vilaestrofe, a Ferreira.
– 2,6 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 2,650, da LU-P-6303, de Campo, por Guín, ao eixo de Moas.

– Viveiro: aprobouse iniciar o proceso de contratación do acondicionamento de 4,580 metros de 3 estradas provinciais cun presuposto inicial de 192.319 euros.

– 1,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 0 e 1,350, da LU-P-6601, de Misericordia a Silvarosa.
– 1,3 quilómetros, comprendidos entre os puntos 1,500 e 2,830, da LU-P-6611, de Magazos a Fontecoba.
– 2,9 quilómetros, comprendidos entre os puntos 1,100 e 3,000, da LU-P-6613, do cemiterios novo á igrexa de San Roque

Rutas Fluviais da Deputación
A Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación para o funcionamento das rutas fluviais na Semana Santa, cun presuposto inicial de 700.000 euros, que poderá reducirse logo da súa adxudicación.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive