23 de Abril de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O pivote Kelson disputará a segunda volta en Noia

02-01-18

kelson-noiaBurela 2-1-18. O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo co Noia Portus Apostoli para que o pivote brasileiro Kelson Francisco Vinicius de Campos (São Caetano do Sul, 1993) dispute a segunda volta no club coruñés. Así foi formalizado esta mesma mañá na sede burelista polo vicepresidente laranxa, José Luis Sáez, e o presidente da entidade coruñesa, Severino Barreiro.

O xogador canarinho, que recalou na Mariña esta tempada, será presentado oficialmente no seu novo destino esta tarde-noite.

Cuartos de Copa Galicia

Tras o 0-2 en contra do final da primeira volta e de 2017, o Pescados Rubén Burela FS volverá verse co Noia en cuartos de Copa Galicia, eliminatoria a partido único que deberá disputarse entre o 19 de xaneiro e o 24 de febreiro.

Os outros emparellamentos de cuartos de final:

Sport Sala Culleredo-O Esteo FS

Pizarras Los Tres Cuñados-Santiago Futsal

Sala Ourense-O Parrulo Ferrol FS

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive