16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os Reis Magos chegarán ao centro sociocultural de San Cosme de Barreiros o 5 de xaneiro ás 20:15 horas

02-01-18

Cabalgata BarreirosO Concello ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro 5 de xaneiro. As súas Maxestades percorrerán algunhas rúas barreirenses para chegar ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partir das 20:15 horas. Alí visitarán o Nacemento Vivente e despois participarán na recepción aos nenos e nenas que se acheguen a compartir uns minutos con eles. O Nacemento Vivente estará aberto ao público a partir das oito da tarde do venres. Estas tradicionais actividades coas que remata o Nadal están organizadas pola Concellería de Cultura e pola Oficina de Información Xuvenil, que contan coa colaboración de vari@s moz@s voluntari@s.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive